jueves, 26 de abril de 2018

XADREZ

O pasado sábado tivo lugar en Rianxo, a Fase Intercomarcal de Xadrez do programa XOGADE. Agradecer ao Concello de Rianxo e o Club Xadrez Rianxo a súa colaboración e a todas as entidades presentes a súa participación un ano máis.

Fotos

martes, 24 de abril de 2018

VOLEIBOL

Este sábado en Noia, disputarase unha xornada de Voleibol, para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. 

Xornada 10

jueves, 12 de abril de 2018

BÁDMINTON

Hoxe tivo lugar a Fase Intercomarcal de Bádminton no pavillón da Serra de Outes. Grazas ao Concello pola súa colaboración e a tódolos participantes por facernos disfrutar un ano máis deste deporte.

Fotos

miércoles, 4 de abril de 2018

Orientación

Hoxe tivo lugar no Parque da Cachada, Boiro, unha proba interzonal de orientación do programa XOGADE. Organizada polo Servizo Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte, contou coa colaboración do Concello de Boiro, ADC Arnela, A.D. As Rías e FEGADO.
Grazas a tódolos participantes e entidades. Agradecer a presencia de Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Roberto Garcia, Xefe de Servizo Provincial de Deportes de A Coruña, Nolo Romero, Concelleiro de Deportes de Boiro e a Concelleira de Cultura de Boiro.

Fotos

martes, 3 de abril de 2018

ORIENTACIÓN

Aquí vos deixamos a normativa para a proba interzonal de orientación, que se disputará o 4 de abril no Concello de Boiro. 

Normativa