miércoles, 26 de marzo de 2014

Carreira Popular- PADRÓN

O 5 de abril terá lugar en Padrón a XII Carreira Popular Concello de Padrón, Terras de Iria. A competición comenzará ás 11: 30 h. cas carreiras escolares, ás 17:00 h a carreira popular e para terminar ás 18:30 h. disputarase o Campionato de España de 10 Kms. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. 

jueves, 20 de marzo de 2014

BADMINTON

Resultados da primeira xornada Interzonal de Bádminton para as categorías benxamíns, alevins, infantís e cadetes e clasificación e fase final de prebenxamíns e benxamíns celebrada o pasado xoves.

miércoles, 19 de marzo de 2014

FÚTBOL SALA

Unha vez rematada a Liga Comarcal  Barcala- Xallas-Muros de F.S., queremos agradecer e felicitar a Andrés Tuñas (Técnico de Deportes do Concello de Mazaricos) a súa colaboración e organización no desenvolvemento desta competición, o mesmo que a ED Os Miudos que se encargaron da Fase Final.
 Grazas a todos pola vosa participación. Estes son os equipos clasificados para a seguinte fase.

lunes, 17 de marzo de 2014

Competicións ZONA NOIA


BALONCESTO INFANTIL


Campión Masculino: ANPA GRUPO.
Campión Feminino :  C.B. NOIA.

Campo a Través



O pasado sábado 15/03/2014 no programa de la TVG2 el CITIUS ALTIUS FORTIUS, emitiuse un magnífico reportaxe sobre o Campionato Galego de Campo a Través, celebrado o pasado 8/03/2014 en A Pobra do Caramiñal. Aquí vos deixamos o enlace.

XADREZ

FASE LOCAL - CONCELLO NOIA


    A xornada contou con dous eventos, o campionato por equipos e o suizo individual por categorías. Os participantes eran integrantes dos seguintes equipos: Felipe de Castro,  Alexandre Rodríguez Cadarso y Casa da Xuventude. A victoria foia para o Felipe de Castro A

  Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica: 

martes, 11 de marzo de 2014

CAMPO A TRAVÉS

Informamos que o vindeiro sábado día 15 de marzo/2013, dentro da programación da TVG2, a partir das 15 horas apróximadamente, e dentro do apartado CITIUS ALTIUS FORTIUS, sairá unha reportaxe do Campionato Galego de Campo a Traés do pasado sábado 8/03/2014 da Pobra do Caramiñal.

domingo, 9 de marzo de 2014

ATLETISMO EN PISTA

                

A Fase Intercomarcal de Atletismo, celebrarase os días:     

22 de marzo en Santiago
29 de marzo en Ribeira
26 de abril en A Pobra do Caramiñal

Lembrade, unha vez inscritos os atletas, debedes avisarnos por Tlfo. ou vía email: adasrias@gmail.com, do número de participantes, para organizala viaxe.

viernes, 7 de marzo de 2014

DUATLON

O 27 de marzo terá lugar unha proba de Duatlon que se disputará no Concello de Boiro. Aquí vos deixamos o enlace para os interesados en participar na proba.