domingo, 29 de mayo de 2016

VOLEIBOL

O sábado 28 de maio tivo lugar en Noia o Campionato Provincial de Voleibol do programa XOGADE. Grazas a todos pola vosa participación.

Medallero Provincial


Fotos

lunes, 23 de mayo de 2016

BALONCESTO



Onte celebramos no pavillón de Santa Baia en Boiro a clausura da Liga Interzonal de Baloncesto da Zona de Noia do programa XOGADE. Grazas a todos pola vosa participación, en especial o Concello de Boiro e ao Club Baloncesto Santa Baia pola súa colaboración un ano máis.

Fotos

Atletismo

Ambientazo no Estadio das Pistas da A Fieiteira (Riveira) a pesar do mal tempo que nos acompañou na sesión de tarde. As mellores 16 marcas reuníronse o sábado para disputar o Campionato Provincial de Atletismo do programa XOGADE.  Grazas a todos. Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica da proba.

Fotos

BALONCESTO

O sábado 21 de maio, tivo lugar en A Pobra do Caramiñal e Riveira o Campionato Provincial de Baloncesto do programa XOGADE. Grazas ós participantes e noraboa ós equipos campións, estos son:
  • LICEO NOIA (Benxamín Mixto/Masculino)
  • C.B. PORTO DO SON BOD. O PESCADOR (Alevín Feminino)
  • REST. O PORTO/FERRET. MELCHOR CBPS (Alevín Masculino) 
  • C.B. RIVEIRA (Infantil Feminino)
  • C.B. SANTO DOMINGO BETANZOS (Infantil Masculino)

Resultados

Fotos



miércoles, 18 de mayo de 2016

ATLETISMO

Nas pistas de atletismo da Fieiteira, en Riveira, terá lugar o vindeiro sábado 21 de maio o Campionato Provincial de Atletismo do programa XOGADE, onde participarán as 16 mellores marcas da provincia, conseguidas nas distintas fases intercomarcais celebradas en A Pobra do Caramiñal, Santiago, Ferrol e Coruña.

Normativa e horario



BALONCESTO

Este sábado 21 de maio terá lugar en A Pobra do Caramiñal e Riveira, o Campionato Provincial de Baloncesto do programa XOGADE.

Normativa Benxamín e Alevín

Normativa Infantil

lunes, 9 de mayo de 2016

VOLEIBOL

O pasado sábado 7 de maio, tivo lugar a entrega de premios da Fase Intercomarcal da liga Interzonal de Voleibol da zona de NOIA. Espectacular ambiente nas gradas para aplaudir unha vez máis a entrega dos equipos durante toda esta tempada. Grazas a todos e esperámosvos a vindeira tempada.  

Resultados Liga Interzonal

Fotos F.I. Noia



martes, 3 de mayo de 2016

XADREZ

O sábado 14 de maio  terá lugar o Campionato Provincial de Xadrez para as categorías benxamín, alevín e infantil que se disputará en A Coruña.

Normativa Provincial

BADMINTON

O vindeiro sábado 7 de maio terá lugar o Campionato Provincial de Bádminton en Cedeira, para as categorías; benxamín, alevín, infantil e cadete, masculino e feminino, do programa XOGADE.  

Normativa Provincial

lunes, 2 de mayo de 2016

FÚTBOL SALA

O sábado 30 de abril, tivo lugar en Noia a Fase Intercomarcal de Fútbol Sala. Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica e os resultados da mesma.

Resultados (Noia 30/04/2016)

Fotos