miércoles, 18 de diciembre de 2013

martes, 17 de diciembre de 2013

lunes, 16 de diciembre de 2013

Resultado F.S. Barcala- Xallas-Muros

Este fin de semana disputouse a primeira xornada da liga, aquí vos deixamos os resultados e a clasificación. 

Categoría benxamín

Categoría alevín

Categoría infantil

Fútbol Sala Noia

Este xoves ás 18:30 h. no Instituto Campo San Alberto, habrá unha reunión para buscar entre todos unha solucción ao problema de horarios e pistas.


martes, 10 de diciembre de 2013

Fútbol Sala

Esta fin de semana, comenza a competición da Liga Comarcal de Barcala-Xallas-Muros para as categorías benxamín, alevín e infantil. As entidades participantes son: A Baña, V. Amarelle Feminino, Atletes Feminino, Brión, E.D.M. Mazaricos, E.D. Negreira, E.D. Os Miudos A, E.D. Negreira, E.D. Os Miudos, O Coton e Santa Comba.

Calendario  

Baloncesto

A primeira xornada da liga Interzonal Benxamín e Alevín, disputarase nos pavillóns de Portosín e o Alonso Rodríguez de Noia. Aquí vos deixamos o horario.  

Horario 1ª xornada

XADREZ

Para o mes de xaneiro está previsto que comence a liga local de Xadrez do Concello de Boiro, para as categorías alevín e benxamín. Os equipos que participan nesta competición son: Cespón, Praia Xardín, Lampón, Cabo, Santa Baia e Abanqueiro.   

Calendario Alevín - Benxamín

Fútbol Sala Noia

Este venres 13, xogarase a segunda xornada da  liga Local da comarca de Noia, para as categorías: benxamín, alevín e  infantil.  Disputaranse os partidos nas seguintes sedes: Esteiro, Outes, Cruceiro, A Barquiña (Noia). 

Calendario F.S. comarca Noia

lunes, 9 de diciembre de 2013

BALONCESTO

O próximo 15 de decembro, comenza a liga Interzonal de Baloncesto. A primeira xornada terá como sede Noia e Porto do Son. 

VOLEIBOL

O próximo 18 de xaneiro, empezará a competición de voleibol, para as categorías infantil feminina, alevín mixto, alevín feminino e benxamín mixto. Aquí tedes os calendarios provisionais. 

jueves, 5 de diciembre de 2013


Fútbol Sala Terras de Iria

O próximo 13 de decembro comenza a Liga comarcal Terras de Iria de F. S. alevín. A competición benxamín por ser máis equipos xa levan 4 xornadas disputadas. Participan nesta competición as entidades de: Furia A.C., E.D.M. Pontecesures, E.D.M. Padrón, C.D. Rois, E.D.M. A Pobra e  E.D.M. Dodro. 

Calendario categoría benxamín

Calendario categoría alevín

Campo a Través- CEE

O 19 de decembro (xoves) celebraremos no Estadio Municipal de Cee unha proba de Campo a Través para a Comarca Costa da Morte. Os interesados en participar, deberedes comunicar a esta oficiña de Zona a vosa participación, antes do 16 de decembro (luns) 

Circuito



lunes, 2 de diciembre de 2013


Fútbol Sala Concello de Boiro

O próximo sábado 7 de decembro terá lugar a 5ª xornada de F.Sala Benxamín, que se celebra coma sempre, no Pavillón Valiño, en horario de maña de 10:00 a 12:00 e horario de tarde de 16:00 a 18:00. Un total de seis partidos son os que se veñen disputando por xornada.  

Calendario F.S. Benxamín

Campo a Través

O pasado venres tivo lugar a primeira fase local de Campo a Través da Zona de Noia, con unha alta participación, onde os atletas disfrutaron da competición nas instalacións do Estadio Municipal de San Lázaro en Noia. 
As entidades participantes foron: 
CEIP Serra de Outes, CEIP Ramón de Artaza, CEIP Emilio Navasques, CEIP A. Rodríguez Cadarso, CEIP Sobrado de Nebra,  IES Fontexería, IES As Insuas, IES Poeta Añón, IES Campo San Alberto, Colexio Jaime Balmes, Colexio Mª Assumpta, Agrupación Deportiva Atletes, Club Atletismo Noia. 

Resultados Noia (29/11/2013)