miércoles, 18 de diciembre de 2013

martes, 17 de diciembre de 2013

lunes, 16 de diciembre de 2013

Resultado F.S. Barcala- Xallas-Muros

Este fin de semana disputouse a primeira xornada da liga, aquí vos deixamos os resultados e a clasificación. 

Categoría benxamín

Categoría alevín

Categoría infantil

Fútbol Sala Noia

Este xoves ás 18:30 h. no Instituto Campo San Alberto, habrá unha reunión para buscar entre todos unha solucción ao problema de horarios e pistas.


martes, 10 de diciembre de 2013

Fútbol Sala

Esta fin de semana, comenza a competición da Liga Comarcal de Barcala-Xallas-Muros para as categorías benxamín, alevín e infantil. As entidades participantes son: A Baña, V. Amarelle Feminino, Atletes Feminino, Brión, E.D.M. Mazaricos, E.D. Negreira, E.D. Os Miudos A, E.D. Negreira, E.D. Os Miudos, O Coton e Santa Comba.

Calendario  

Baloncesto

A primeira xornada da liga Interzonal Benxamín e Alevín, disputarase nos pavillóns de Portosín e o Alonso Rodríguez de Noia. Aquí vos deixamos o horario.  

Horario 1ª xornada

XADREZ

Para o mes de xaneiro está previsto que comence a liga local de Xadrez do Concello de Boiro, para as categorías alevín e benxamín. Os equipos que participan nesta competición son: Cespón, Praia Xardín, Lampón, Cabo, Santa Baia e Abanqueiro.   

Calendario Alevín - Benxamín

Fútbol Sala Noia

Este venres 13, xogarase a segunda xornada da  liga Local da comarca de Noia, para as categorías: benxamín, alevín e  infantil.  Disputaranse os partidos nas seguintes sedes: Esteiro, Outes, Cruceiro, A Barquiña (Noia). 

Calendario F.S. comarca Noia

lunes, 9 de diciembre de 2013

BALONCESTO

O próximo 15 de decembro, comenza a liga Interzonal de Baloncesto. A primeira xornada terá como sede Noia e Porto do Son. 

VOLEIBOL

O próximo 18 de xaneiro, empezará a competición de voleibol, para as categorías infantil feminina, alevín mixto, alevín feminino e benxamín mixto. Aquí tedes os calendarios provisionais. 

jueves, 5 de diciembre de 2013


Fútbol Sala Terras de Iria

O próximo 13 de decembro comenza a Liga comarcal Terras de Iria de F. S. alevín. A competición benxamín por ser máis equipos xa levan 4 xornadas disputadas. Participan nesta competición as entidades de: Furia A.C., E.D.M. Pontecesures, E.D.M. Padrón, C.D. Rois, E.D.M. A Pobra e  E.D.M. Dodro. 

Calendario categoría benxamín

Calendario categoría alevín

Campo a Través- CEE

O 19 de decembro (xoves) celebraremos no Estadio Municipal de Cee unha proba de Campo a Través para a Comarca Costa da Morte. Os interesados en participar, deberedes comunicar a esta oficiña de Zona a vosa participación, antes do 16 de decembro (luns) 

Circuito



lunes, 2 de diciembre de 2013


Fútbol Sala Concello de Boiro

O próximo sábado 7 de decembro terá lugar a 5ª xornada de F.Sala Benxamín, que se celebra coma sempre, no Pavillón Valiño, en horario de maña de 10:00 a 12:00 e horario de tarde de 16:00 a 18:00. Un total de seis partidos son os que se veñen disputando por xornada.  

Calendario F.S. Benxamín

Campo a Través

O pasado venres tivo lugar a primeira fase local de Campo a Través da Zona de Noia, con unha alta participación, onde os atletas disfrutaron da competición nas instalacións do Estadio Municipal de San Lázaro en Noia. 
As entidades participantes foron: 
CEIP Serra de Outes, CEIP Ramón de Artaza, CEIP Emilio Navasques, CEIP A. Rodríguez Cadarso, CEIP Sobrado de Nebra,  IES Fontexería, IES As Insuas, IES Poeta Añón, IES Campo San Alberto, Colexio Jaime Balmes, Colexio Mª Assumpta, Agrupación Deportiva Atletes, Club Atletismo Noia. 

Resultados Noia (29/11/2013)

miércoles, 27 de noviembre de 2013

CAMPO A TRAVES

Este venres desenvolverase a primeira proba de Campo a Través na Zona de Noia, e estrearemos  un novo circuíto. Aquí vos deixamos o enlace.

Circuito Estadio Municipal de San Lázaro (Noia)

martes, 26 de noviembre de 2013

Baloncesto

Horario 3ª xornada (01/12/2013)


Infantil feminino

Domingo ás 12:30 en Portosín
Tiendas Pillados C.B. Porto do Son - Santa Baia

Domingo ás 17:00 no Alonso Rodríguez en Noia
C.B. Noia - C.B. Ribeira

Infantil Masculino

Domingo ás 10:00 en Portosín
Fisioterapia Cinesia C.B. Porto do Son - Santa Baia

Domingo ás 19:00 No Alonso Rodríguez en Noia
C.B. Noia - C.B. Ribeira

jueves, 21 de noviembre de 2013

Campo a Través

O venres 29 de novembro, celebraremos unha proba de Campo A Través, no circuíto do Estadio Municipal de San Lázaro en Noia. Aquí vos deixamos a normativa e a convocatoria para a proba. 

Convocatoria

Normativa

martes, 19 de noviembre de 2013

Baloncesto 

Horario - 2ª xornada (24/11/2013)


Infantil Feminino
C.B. RIBEIRA – SANTA BAIA FEMENINO 10:30
Domingo no Polideportivo da Fieiteira.


Infantil Masculino
C.B. RIBEIRA – SANTA BAIA MASCULINO 12:00Domingo no Polideportivo da Fieiteira.

Tiendas Pillados Porto do Son - A.N.P.A. O Grupo
Domingo ás 11:00 en Portosín

miércoles, 13 de noviembre de 2013


 BALONCESTO INFANTIL

Este fin de semana arranca a competición de Baloncesto Interzonal Infantil feminino e masculino. Aqui vos deixamos o horario para a primeira xornada. 

Horario 1ª xornada



DUATLON 

17 DE NOVEMBRO EN RIVEIRA


Fútbol Sala Costa da Morte 

O próximo día 15 de novembro (venres) comenza a competición benxamín e alevín de Futbol Sala da Costa da Morte.
As entidades participantes son

  • Grupo1: E.M.F. Vimianzo, C.Fisterra, As Baleas, C.Dumbria, Fisober, F.S.F. 
  • Grupo2: Manuela Rial, C.Muxia, As Baleas, A.Olimpia e E.F.Corcubión
Aquí vos deixamos  o calendario. Moita sorte ós participantes. 

                                              

miércoles, 6 de noviembre de 2013

ANDAINAS 

O IES Campo San Alberto de Noia, realizou  o pasado 10 de outubro unha andaina de 10 kms. Aquí vos deixamos proba fotográfica para disfrute das vistas.

martes, 5 de noviembre de 2013

Liga Interzonal de Baloncesto


 Infantil Feminino

  • A primeira xornada comenzará o día 17 de novembro. 
  • Participan os equipos das entidades de:  C.B. Porto do Son, C.B. Noia, C.B. Ribeira, C.B. Santa Baia de Boiro. 
  • A competición está prevista que remate o 9 de marzo de 2014. 

calendario tempada 2013/2014

Liga Interzonal de Baloncesto


 Infantil Masculino

  • A primeira xornada comenzará o día 17 de novembro. 
  • Participan os equipos das entidades de:  C.B. Porto do Son, C.B. Noia, C.B. Ribeira, C.B. Santa Baia de Boiro e A.N.P.A. O Grupo de Ribeira. 
  • A competición está prevista que remate o 9 de marzo de 2014. 


miércoles, 30 de octubre de 2013

Liga de Fútbol Sala Noia 2013-14

Comunícase que no seguinte enlace publicaranse os resultados e clasificacións da liga escolar da nosa comarca. Un paso máis de cara a facer máis cómodo para todos o seguimento da nosa competición.


Liga Fútbol Sala Infantil Feminino

O pasado 22 de outubro comenzou a liga de Fútbol Sala Feminino do Concello de A Pobra do Caramiñal. A competición consta de 10 xornadas e está previsto que remate o 10 de decembro. Moita sorte ós participantes. Aquí vos deixamos o enlance ao calendario

Calendario F.S. Infantil Feminino- A Pobra do Caramiñal

sábado, 12 de octubre de 2013

A Agrupación Deportiva Escolar, adaptase as novas técnoloxias e crea este blogue, co fin de buscar unha mellor atuación pola nosa parte. Usarémolo para ir informando das novidades, calendarios, resultados das competicións do programa "Xogade" e calquera outra cousa interesante que xurda.
Saúdos.